Crioulo de Guinea-Bissau 'guinensi, kriyol, purtuguis’kriolo’ | ||
---|---|---|
Outros nomes: | kriyol de Guinea-Bissau, kriulo, crioulo portugués | |
Falado en: | Guinea-Bissau, Senegal e Gambia. | |
Total de falantes: | 1.305.800 [1] | |
Familia: | Linguas Crioulas Crioulo de base portuguesa Crioulos afro-portugueses Crioulos da Alta Guinea Crioulo de Guinea-Bissau | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún estado. | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pov
| |
Mapa | ||
Status | ||
O crioulo de Guinea-Bissau[2] é unha lingua crioula baseada no portugués, e próxima ao crioulo caboverdiano, falada en Guinea-Bissau, Senegal e Gambia. Os seus autónimos son guinensi,[3] kriyol,[4] e portuguis.
En Guinea-Bissau é a lingua nativa de 239.000 habitantes e ten arredor dun millón de falantes coma segunda lingua.[1]
No sur do Senegal fálase un dialecto do crioulo de Guinea-Bissau coñecido coma Portuguis ou crioulo de Casamansa, que é a lingua maioritaria dos habitantes da rexión de Casamansa e emprégase coma lingua franca.[5]
O crioulo de Guinea-Bissau está aínda en expansión pero cunha crecente interferencia por parte do portugués (descrioulización): por mor da televisión, a literatura, o prestixo e a emigración a Portugal; e linguas africanas: a través da migración de falantes de linguas nativas aos principais centros urbanos nos que prevalece o crioulo. O portugués estándar é a lingua oficial de Guinea-Bissau, mais o crioulo é a lingua franca do comercio, a literatura informal e o entretemento e non se usa no xornalismo, o Parlamento, os servizos públicos ou a educación.[6]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search